Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 28/04/2022

Programa completo do 28/04/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 28.04.2022 14:25

Abrimos programa repasando programa do Festival de Cine de Monforte, do Fancine de Lemos, conversando co Iván Patiño director do mesmo. Mención especial por innovar no sector agrario para o Viveiro A Man de Prado, situado no concello de Sober. Distinción que hoxe lle entregou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos. Falamos con él desta visita e da que fará esta tarde á empresa Oviganic situada no Polígono de Monforte. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falamos tamén con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería que prepara recuperar o concurso de tapas entre o 21 de maio e o 5 de xuño. E toca hoxe repasar novas do ámbito xurídico, co avogado Héctor Silva falamos de como afecta un divorcios á empresa da que poida ser titular un dos implicados na separación.