Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 27/06/2025

Programa completo do 27/06/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Julia Otero, xa en Monforte para emitir este sábado desde a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o programa "Julia en la Onda". Coa poeta Olga Novo e o arqueólogo Xurxo Ayán, falamos do libro que presentan este sábado no Campo da Festa de Cereixa, "Repil. 20 de abril de 1949". Entre outros asuntos, falamos tamén do acto que para este domingo prepara a Plataforma Salvemos O Malecón, na contorna do Anchoas para reivindicar a súa permanencia. Danos conta da iniciativa Vitoria Saco.