Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 27/03/2024

Programa completo do 27/03/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 27.03.2024 14:31

Abrimos conversando con José María Vega, a Federación Nacional de Taekwondo vén de nomealo mellor adestrador de España en Técnica. Prepárase Monforte para celebrar a XX Feira Medieval este sábado e domingo. Un evento do que falamos co alcalde José Tomé Roca. Amplia circuito de minitren o Muferga, unha nova oferta da que falamos con Luis Blanco, director do citado Museo. O grupo socialista de Chantada solicitará en pleno que se inicien os trámites para que a Muiñeira de Chantada sexa declarada Ben de Interese Cultural Inmaterial. Para coñecer máis desta proposta conversamos coa concelleira Elena Pavón. Adicamos o espazo "Facendo Empresa" a Embutidos Valentina, de Escairón, e entrevistamos a encargada Sonia Mérez. E compite esta fin de semana o Quixós na Seu de Urgell, falamos desta cita con Santi Díaz, director técnico do citado club.