Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 26/03/2024

Programa completo do 26/03/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 26.03.2024 14:17

Abrimos repasando pleno celebrado en Monforte. Falamos co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, da Feira do Viño que se vai celebrar esta fin de semana. Xosé Gago, animador socio cultural do concello de A Pobra do Brollón, danos conta do amplo programa de actividades que teñen en marcha esta Semana Santa. Salvemos A Fraternal é o lema de actividades que organizan este xoves e venres en Monforte, no Barrio da Estación, o Colectivo Vermú e das que nos fala a presidenta do Colectivo, Candela López. E Monforte prepárase para a Feira Medieval, falamos do Torneo de Xustas e do posto de Cetrería con Joaquín Rodríguez, de Hípica Celta e Falcóns Galicia, encargados destes espectáculos e tamén con Gonzalo González, da Asociación de Recreación Histórica "Caballeros de Ulber" responsables do Campamento Medieval que se vai montar na Praza de España.