Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 24/11/2023

Programa completo do 24/11/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 24.11.2023 14:25

A ANPA do Ceip A Gándara mapea Monforte para visibilizar desigualdades. Unha iniciativa da que falamos con Candela López Piñeiro. Repasamos actividades organizadas por Asociacións de loita contra o cancro. Con Ana Belén Fernández a última hora da carreira popular que teñen organizada para este domingo, e en Chantada, con Cristina Pereira, da charla que teñen sobre nutrición. A Asociación de Hostalería organiza en Monforte unha cita gastronómica na Praza de Abastos que repasamos coa delegada Beatriz Vila. Entre outros asuntos, conversamos tamén co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez que nos da conta de iniciativas que este grupo leva ao pleno do luns e valora os orzamentos municipais. E será o venres día 1 cando se prendan as luces de Nadal en Monforte. Escoitamos falar delas ao alcalde José Tomé Roca.