Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 24/03/2023

Programa completo do 24/03/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 24.03.2023 14:13

As Festas de San Lázaro abren o calendario festivo en Monforte. Empezan este venres e falamos delas con Juan Diéguez, da comisión organizadora. Cocido de Meigas e desfile para pechar este sábado o Estase Cocendo con moitas actividades que repasamos coa delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila. A aldea modelo de Trascastro facilitou a posta en marcha dunha explotación de cachenas, unha iniciativa da que falamos co gandeiro promotor, Adrián Armesto. Repasamos novas dos concellos de Sober e O Saviñao e do ámbito deportivo, nova cita para o taekwondo monfortino nun campionato nacional do que falamos co adestrador do Neka.