Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 23/02/2024

Programa completo do 23/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 23.02.2024 14:15

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez que presenta as iniciativas que levan ao pleno do luns. Celebramos o Día de Rosalía cun grupo de alumnos e coa directora do CEIP A Gándara que achegan á radio a poesía desta insigne escritora da que se cumpren 187 anos do seu nacemento. E co investigador Felipe Aira, repasamos a historia dos pioneiros da fotografía en Monforte, Foto Nuevo. Parte do legado de Juan e Javier Nuevo vén de ser cedido ó concello que inaugura hoxe unha exposición homenaxe.