Repasamos novas da actualidade máis próxima e adicamos o espazo "Facendo Empresa" a "Turismo Pantón". Levan sete anos traballando no ámbito turístico da Ribeira Sacra e coñecemos máis da proposta conversando con Juan Míllara que é un dos promotores. Sogama premia ao IES Daviña Rey por fomentar e concienciara sobre a reciclaxe. Preguntamos á directora Raquel Aira, que están facendo. Tamén hai actividade extra no IES A Pinguela e danos conta das mesmas o director Enrique Sampil. O concello de Ribas de Sil prepara a apertura do xeocamping para o próximo mes de xuño coincidindo coa Festa da Cereixa. Falamos delo co alcalde Roberto Castro, que repasa tamén actividades do Xeoparque Montañas do Courel e obxectivos do convenio que vén de firmar co Colexio Oficial de Biolóxicos de Galicia. E con Inaki Castiñeira, CEO de A túa Xanela, falamos do concurso que veñen de convocar para os concellos galegos de menos de 40 mil habitantes e que ten como premio unha festa amenizada pola Orquestra Cinema.