Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 21/02/2024

Programa completo do 21/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 21.02.2024 14:22

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos a unha nova iniciativa turística que se inaugura este sábado na Ribeira Sacra, rutas guiadas en quads. Sandra Rodríguez é unha das promotoras e con ela coñecemos algo máis da proposta. O grupo municipal do PP de Monforte lamenta que non fose aceptada ningunha das alegacións que presentaron para modificar a ordenanza de tráfico e anima aos veciños sancionados a reclamar a devolución dos cartos. Explica en que casos a voceira Kati Varela coa que repasamos outras iniciativas que levan ao pleno do luns. Entre outros asuntos, conversamos tamén co escritor Pedro Feijóo que este sábado presenta en Monforte "Ningúen contará a verdade", a novela coa que gañou o Premio Xerais de novela en 2023.