Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/11/2023

Programa completo do 20/11/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 20.11.2023 14:22

A Cooperativa Lemos facturou o pasado ano 33M€ e agarda rematar este crecendo un 20%. Datos de xestión presentada os 655 socios nunha asamblea da que falamos co xerente, José Manuel Rodríguez. Entregadas as tres primeiras vivendas sociais modulares impulsadas pola Xunta no concello de Sober. Vivendas unifamiliares que disfrutan xa veciños soberinos e das que nos da máis datos o alcalde Luis Fernández Guitián que anticipa que seguirán tamén dende o concello impulsando a rehabilitación. E o alcalde de Monforte vén de presentar os orzamentos do concello de Monforte que rondan os 16 millóns 400 mil euros. Escoitamos que contaba deles na rolda de prensa na que presentou estas contas. Entre outros asuntos, tempo tamén para os deportes e para falar co presidente do Club Lemos, Óscar López, que anda á procura dun adestrador para o equipo, tras dimitir onte Óscar Moure.