Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/02/2024

Programa completo do 20/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 20.02.2024 14:16

Abrimos co espazo adicado ao sector vitícola no que falamos con Luis Buitrón, presidente da Federación Nacional de Enólogos, da Cata de Viños de España que están organizando. Este mércores celébrase o Día Mundial do Guía de Turismo e a Asociación galega deste gremio ten previsto celebralo con visita guiada á Igrexa de Pinol, no concello de Sober. Falamos da iniciativa coa guía Beatriz Pérez. O CCU prepara para esta fin de semana Mercado de Oportunidades de Inverno na Praza de Abastos. É a primeira actividade que organizan este ano e danos máis datos da mesma o xerente Ángel Folgueira. O DOG publica hoxe o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública o polígono industrial do Xesto. Co alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, repasamos, entre outras cousas, como vai este proxecto. Rematamos con repaso á actividade deportiva da fin de semana.