Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 20/02/2023

Programa completo do 20/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 20.02.2023 14:15

Fin de semana de numerosos desfiles de entroido e moi concurridos. Hoxe segue a festa en Salcedo onde reina o Oso. Unha tradición que repasamos co investigador Felipe Castro. Este martes é o día grande de entroido no Saviñao e en Monforte. Buscamos a última hora destes desfiles conversando co alcalde de O Saviñao, Carlos Armesto e no caso de Monforte, coa concelleira de cultura Marina Doutón. E un mozo de Arzúa, gañador do concurso de carteis da Feira do Viño de Amandi. Buscamos máis datos conversando co rexedor soberino Luis Fernández Guitián. E a Fundación Amigos de Galicia estuda presentarse como acusación particular no proceso xudicial que se leve a cabo en relación cun caso de agresión sexual a unha menor denunciada en Monforte. Falamos co letrado da citada Fundación, Francisco Lago. E do ámbito deportivo repasamos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona e entre outros asuntos, repasamos novos éxitos do taekwondo, con varios campións nacionais do NEKA no campionato disputado esta fin de semana e que repasamos co adestrador José María Vega.