19/05/2025

Programa completo do 19/05/2025
Repasamos novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa será coa cantante Lucía Pérez que presentaba esta fin de semana unha nova canción. De música falamos tamén con Alfonso Campos, integrante do Trícole que recolle na zona tradición oral. O deputado Néstor Rego, dá conta de iniciativas que leva ao Congreso reclamando o arranxo integral do tramo galego da N120. Repasamos actividades programadas no concello de Pantón para o que resta deste mes, conversando co técnico Javier González. Entre outros asuntos, temos tamén cita coa odontóloga María José Martín Díaz, e cos deportes.
