Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 19/04/2024

Programa completo do 19/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 19.04.2024 14:19

Todo preparado para celebrar este domingo a 24 Mostra do Aceite de Quiroga. Abrimos programa falando dela co alcale José Luis Rivera. Dinamizar as Comunidades de Montes deste sur de Lugo é o obxetivo dunha xuntanza que prepara para o mércores próximo en Escairón a Fundación Acción Contra el Hambre, e danos máis datos a técnica Laura Iglesias. Fran Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra esta fin de semana para dar a coñecer os recursos deste territorio como anticipo ás Xornadas de Portas Abertas. Unha iniciativa que promove a Axencia de Turismo de Galicia e que repasamos con Marta Villén, coordinadora desta Ruta. Nas próximas semanas está previsto que se incorporen o Hospital Comarcal de Monforte varias especialistas para cubrir algúnhas das vacantes que hai neste centro hospitalario. Repasa datos o Dr. Mouriño, representantes do Sindicato Médico Omega. Conversamos coa escritora Abril Camino, que este sábado presenta en Monforte a súa última novela, e rematamos con baloncesto, conversando co capitán do club Lemavos, Iago Rodríguez, empezan esta fin de semana a loitar polo ascenso á Segunda Galega e pola Copa Deputación.