Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 19/02/2024

Programa completo do 19/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 19.02.2024 14:05

Quinta maioría absoluta para o PP que permitirá a Alfonso Rueda seguir estando a fronte do Goberno Galego. Nesta zona sur de Lugo gañou en todos os concellos, e destacar tamén o incremento rexistrado polo BNG en todos estes concellos. O PSOE pasa a ser a terceira forza política en todos. Repasamos resultados e facemos balance. En representación do BNG, coa responsable comarcal e co voceiro da agrupación local, Rosana Prieto e Emilio Sánchez, en representación do PP coa presidenta local dos populares monfortinos e voceira do grupo municipal, Katy Varela, escoitamos tamén o balance da xa deputada electa, Raquel Arias, e en representación do PSdeG, conversamos co alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, en calidade tamén do secretario xeral dos socialistas da provincia.