Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 18/03/2024

Programa completo do 18/03/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 18.03.2024 14:22

Presentado o programa de actividades da Feira Medieval de Monforte. Cun presuposto de 100 mil€, ten como novidade novos espectáculos e 135 postos, segundo repasou o alcalde José Tomé Roca. Esperta Monforte e Agroma Sober presentarán iniciativas reclamando que se potencie ao sector vitícola e se incentive a viticultura heroica. Propostas que repasamos con Paula Vázquez Verao. Catro anos despois da aparición da COVID no Hospital de Monforte séguense diagnosticando casos. No Hospital de Monforte en 2023 rexistraron 164 ingresos por coronavirus falecendo 16 persoas. Son datos que repasamos coa internista doutora Cristina Sardiña. A ONG Acción contra el Hambre prepara actividade no concello de O Saviñao para este mércores. Actividade que presenta o alcalde Carlos Armesto co que repasamos iniciativas que programa para Semana Santa. E última semana das Xornadas do Cocido na Ribeira Sacra, facemos balance do feito e repasamos actividades pendentes con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería para esta zona e con Natalia Díaz, responsable dun dos restaurantes participantes. Entre outros asuntos, tempo tamén dar conta dos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona esta fin de semana.