Abrimos co resumo das noticias máis próximas e co espazo adicado ao sector vitícola no que preguntamos ao presidente do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, sobre a paralización cautelar de novas plantacións e sobre as delimitacións de zona que teñen en marcha. O incremento na taxa que Sogama aplica aos concellos polo tratamento do lixo repercutirá na veciñanza. Da situación de Monforte falaba o alcalde José Tomé Roca, nunha rolda de prensa que repasamos. No Saviñao a Asociación de Veciños reclaman melloras no servizo de recollida, máis frecuencias, e entre outras cousas un novo punto limpo. Manuel Sarmiento, voceiro da citada Asociación , cóntanos que recolle o documento que entregaron no concello. Entre outros asuntos conversamos tamén con Rubén Gutiérrez - PEITOESCURO, un artista emerxente nado en Madrid e afinado na Ribeira Sacra dende fai 9 anos. Coñecemos a súa história e os seus proxectos.