Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 18/01/2023

Programa completo do 18/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 18.01.2023 14:06

Abrimos co espazo Facendo Empresa que hoxe adicamos a Yolanda Losada e Silvia Somoza, duas emprendedoras de O Saviñao que poñen en marcha unha Casa do Maior en Escairón. Sumán proxectos para ofertar máis prazas nun servizo que repasamos conversando con elas. A poeta Yolanda Castaño inicia hoxe unha "Residecia Poética" no Museo do Pazo de Tor. Falamos con ela para coñecer algo máis da iniciativa e tamén con Encarna Lago, directora do Museo. E o concello de Monforte suma á Rede de Parques Sen Fume que promove a Dirección Xeral de Saúde, o Xardín da Compañía e solicita a inclusión de outras áreas que repasamos coa subdirectora da entidade promotora, Silvia Suárez. E os veciños de Salcedo no concello de A Pobra do Brollón preparan xa as actividades do entroido que recupera a normalidade despois dos dous últimos anos sen festa pola pandemia. Falamos deste entroido coa Marisa Defente. Entre outros asuntos, rematamos conversando coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara que nos conta como empeza Fitur.