É tempo de poda na D.O Ribeira Sacra e hoxe falamos destes traballos co técnico Alfonso Losada no espazo adicado ao sector vitícola. E segue perdendo traballadores o sector ferroviario en Monforte, repasamos demandas do Comité de empresa de Renfe nesta provincia conversando co presidente do mesmo, Antonio Sanchidrián. E na primavera estará rematado o albergue de peregrinos de Diomondi. Repasamos como van estas e outras obras do concello de O Saviñao co alcalde Carlos Armesto. Falamos tamén do recoñecemento que vén de recibir o IES da Pinguela por boas prácticas en materia de inclusión educativa. Entre outros asuntos recollemos tamén o balance que o alcalde de Monforte, José Tomé, fai da oficina municipal de turismo.