Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 15/07/2022

Programa completo do 15/07/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 15.07.2022 15:03

Numerosas árbores caídas, estradas cortadas, veciños sen suministro eléctrico e incendios en A Pobra do Brollón, Quiroga e Courel, provocados por raios, son as pegadas que deixa a forte tormenta de onte. Repetíronse inundacións en rúas do centro de Monforte, baixos comerciais e garaxes. Os bombeiros rexistraron ata unhas 60 intervencións. Falamos con Tomás Losada, sarxento do parque comarcal. En Sober rexistraron ata unha trintena de estradas cortadas por árbores. Buscamos a última hora conversando co alcalde Luis Fernández Guitián, En A Pobra do Brollón e Courel, ademáis de problemas co suministro eléctrico e coas árbores caídas, hai incendios dos que buscamos máis datos conversanco co alcalde de A Pobra, Xosé Lois Maceda e coa alcaldesa do Courel, Dolores Castro. En Bóveda a tormenta fixo que se suspenderan actividades da Feira Outrora. Un feito polo que preguntamos ao rexedor local José Manel Arias. Conversamos tamén co alcalde de Monforte, sobre as pegadas da tormenta na cidade e outros asuntos da actualidade municipal, como o preacordo ao que chegaron con Aqualia. E chegaron a Monforte os participantes do Camiño Creativo. Coa directora da iniciativa, Belén Elisa Díaz, repasamos actividade que teñen programada para hoxe e maña.