Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 15/04/2024

Programa completo do 15/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 15.04.2024 14:20

Prepara temporada de verán o Club Fluvial de Monforte cando está a piques de celebrar dous anos de presidente Jaime Vázquez. Conversamos con él para coñecer os novos proxectos nos que traballan. Trinta e un anos leva celebrándose en Monforte o Certame Municipal de Teatro para centros de ensino. Hoxe comezan as representacións con alumnos do CEIP A Gándara que dirixe Paqui Abeledos e tamén a convidamos ao programa. A marcha de Anxo é a primeira novela que publica Pablo Veiga que este luns vén a presentada a EOI de Monforte. Falamos co autor. E a Escola Oficial de Idiomas participou dun intercambio con Escolas de outros puntos de España dentro dunha iniciativa pola que preguntamos á directora Rosa Quiroga. Entre outros asuntos, repasamos tamén novas do ámbito deportivo e confirmamos que Monforte será sede do Campionato Nacional de Taekwondo que se vai celebrar o día 4 de maio.