Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 15/03/2024

Programa completo do 15/03/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 15.03.2024 14:25

O Conselleiro do Medio Rural pide ao alcalde de Monforte e presidente da Deputación colaboración para que a sede do CRAEGA siga neste concello. Co presidente desta entidade, Francisco López, visitou José González as instalacións da antiga Escola de Capacitación Agraria onde celebraron unha xuntanza para abordar o futuro deste Consello Regulador. A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra busca apoio das Universidades para elaborar a folla de ruta coa que planificar a estratexia a seguir e con este fin celebran este sábado unha xornada informativa da que falamos con Severino Rodríguez, secretario da nova Asociación. E como complemento ás Xornadas do Cocido que se están celebrando na Ribeira Sacra, a Asociación de Hostalería ten preparas varias actividades que repasamos coa delegada, Beatriz Vila. O IES Río Cabe acolle o luns un acto promocional da cultura financieira organizado polo Banco de España e a Comisión de Valores e como premio dun concurso no que participou un grupo de alumnos do citado Instituto. Danos máis datos o director Carlos Parada. E conversamos tamén co artista Piquico que expón na Casa da Cultura de Chantada pezas inspiradas en entroidos tradicionais.