O concello de Monforte xestiona que a deputación lle ceda 15 parcelas que ten da súa propiedade no Polígono de Monforte. É unha das novas da xornada na que repasamos, entre outros asuntos a incidencia da Covid. Conversamos con Olga Novo, unha das coordinadoras das actividades que o sábado organiza en Monforte o Consello da Cultura Galega para conmemorar o centenario da celebración da IV Asamblea das Irmandades da Fala , e no espazo adicado ao sector vitícola, con Luis e Alejandro Paadín, repasamos contidos da nova Guía de Viños e Destilados de Galicia que veñen de presentar.