Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/03/2023

Programa completo do 14/03/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 14.03.2023 14:16

Tras repasar novas da actualidade máis próxima abrimos espazo adicado ao sector vitícola e facemos balance da Feira do Viño de Chantada con Manuel Diéguez, Bruno Lobelle e Alfonso Losada. O pleno de Pantón autoriza a cesión de terreos á Fundación San Rosendo para a construción dunha residencia. Falamos delo co alcalde José Luis Álvarez co que repasamos máis novas do citado concello. Coa historiadora Manuela Sáez falamos da homenaxe que se prepara en Nápoles ao VII Conde de Lemos. Atendemos tamén a novos triunfos do taekwondo, repasando resultados co adestrador do Neka, José María Vega e seguen tamén colleitando medallas no club Quixós, falamos delas co director técnico da entidade, Santi Díaz. E no Incio preparsan un torneo de tenis de mesa do que nos da máis información Juan Gallego.