Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 14/02/2025

Programa competo do 14/02/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Exitosa presentación da nova Asociación Empresarial Ribeira Sacra Netx. Fai balance o secretario, Severino Rodríguez. Obradoiros de emprendemento e formación, e novas xornadas adicadas ás Comunidades de Montes, prepara a Fundación Acción contra el Hambre, falamos coa técnica de dinamización Laura Iglesias. Esperta Monforte reclama que se lle dé ás mulleres que fixeron mamografías co mamógrafo avariado, a posibilidade de repetir as probas. Unha iniciativa que levarán ao próximo pleno e da que nos da máis datos, Maribel García. O director do MUFERGA, Luis Blanco, cóntanos como é a nova máquina que veñen de recibir para os fondos do Museo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, falaamos tamén do Entroido Ribeirao que arranca esta fin de semana celebrando o Domingo Lambedoiro e cun encontro de entroidos tradicionais. Falamos delo con Juan Carlos González, presidente da Asociación promotora.