Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 14/02/2024

Programa completo do 14/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 14.02.2024 14:22

Espléndida tarde de martes de entroido en Monforte con moita participación e moito ambiente polas rúas. O bo tempo contribuíu ao éxito dun evento que encheu de cor e música a cidade. Conversamos con representantes algunhas comparsas participantes como a da Fundación Educativa Torre de Lemos, a da ANPA A Lagoa do Ceip Monforte, a da ANPA do Ceip A Gándara, da Asociación Cultural Os Xograres de Lemos e da Comparsa de Carude. Con Alejandro Paadín, falamos da Guía de Viños, adegas e destilados de Galicia que ten oco tamén para a D.O Ribeira Sacra. E entre outros asuntos, escoitamos ao Ministro de Exteriores que se suma hoxe en Monforte á campaña electoral. No concello de A Pobra unha pancarta colgada en Salcedo, pedindo o o voto para o PP, provoca a convocatoria dun pleno extraordinario para este xoves. Uns feitos que valoran representantes das tres forzas políticas con representación municipal, na recta final do programa.