Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 12/12/2023

Programa completo do 12/12/2023

Manola Porto

Monforte de Lemos | 12.12.2023 14:15

Cortadas ó tráfico as rúas Julio Camba e Dr. Teijeiro despois de que se derrubara un anaco da parede que delimita un solar utilizado como estacionamento. Afortunadamente so se rexistraron danos materiais. Falamos co responsable dun dos establecementos comerciais que hai na zona. Repasamos esta e outras novas da actualidade máis próxima. No espazo adicado ao sector vitícola, falamos do ciclo de vitivinicultura da Fundación Belarmino Fernández coa profesora Manuela Chouzán e acompañados do técnico Alfonso Losada. Repasamos actividade que ten en marcha a Cruz Vermella en Monforte co responsable de comunicación Manuel María López. E con Virginia Menéndez, da Asociación de Loita Contra o Cancro, buscamos máis datos do mercadillo solidario que preparan para este sábado.