Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 12/02/2024

Programa completo do 12/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 12.02.2024 14:19

Fin de semana con choiva intermitente que non freou a troula do entroido con moitas festas que terán continuidade hoxe mesmo coa saída do Oso en Salcedo onte teñen todo preparado para recibilo. Falamos con Lucas Pérez, presidente da Asociación de Veciños. Tamén teñen todo preparado no Saviñao para o desfile que van celebrar este martes e do que nos da máis datos a concelleira de cultura Beatriz Rois. En Pantón segue aberta a inscripción para participar no desfile do sábado día 17 do que falamos co técnico de cultura Javier González. En Pantón seguen traballando pola recuperación de figuras tradicionais como os farranquís e os brancos que onte percorreron varias parroquias. Repasamos como foi con Lucas Vázquez, presidente da Asociación de Veciños de Pantón. Entre outros asuntos repasamos actividades que proxectan para este 2024 na Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra para seguir promocionando o Camiño de Inverno.