Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 12/01/2022

Programa completo do 12/01/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 12.01.2022 14:23

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Calzados Losal que segue abrindo novos mercados. Repasamos como anda a internacionalización desta empresa con Gonzalo López González, que representa a 5ª xeración. Os concellos do distrito sanitario que cubre o Hospital Comarcal de Monforte suman hoxe 713 casos activos de Covid, representa o 11% dos positivos que hai no conxunto da provincia. Levan posto nesta zona entorno ás cen mil vacinas. Son datos que repasamos conversando con Inma Ramos, directora do Hospital monfortino. E suspendido o Entroido Ribeirao. Os organizadores non queren correr riscos tal como está a situación sanitaria. Falamos con Juan Carlos González, presidente da Asociación organizadora. Entre outros asuntos conversamos tamén con Pilar Veiga, presidenta da Anpa do Colexio "Uxío Novoneyra" do Courel satisfeita de que se manteña o transporte escolar do citado concello, tal e como reclamaban.