Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 11/04/2022

Programa completo do 11/04/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 11.04.2022 14:21

Designadas as funcións de cada un dos membros da nova executiva do PP de Monforte que deseña liñas de traballo que repasamos coa nova presidenta Kati Varela. Satisfacción en Sober polo éxito da Feira do Viño de Amandi pola que pasaron esta fin de semana milleiros de persoas. Fai balance o alcalde, Luis Fernández Guitián e recuperamos o pregón do actor soberino Chechu Salgado. Fin de semana espectacular para o club de voleibol Korbis proclamándose Campións Galegos na categoría infantil tanto en feminino como en masculino. Conversamos co director deportivo Roberto Castro. E para o Campionado do Mundo de Taekwondo que se vai celebrar en Korea, marcha 8 deportistas do Neka. Falamos co adestrador, José María Vega. E escoitamos na recta final ao deputado do BNG Néstor Rego, que demanda ao goberno que remate os accesos do Porto Seco á N 120.