Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitivinícola, acompañados do técnico Alfonso Losada, conversamos con Jorge Feijóo de Adega Vella. Con representantes da comunidade venezolana que temos en Monforte descubrimos o sóftbol, unha modalidade que practican dende hai un tempo en Monforte e onde veñen de crear un Club do que nos falan Johan Velázquez, Luis Peñaranda e Yoerlan Otaño. Co coordinador da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, Mario Crecente, falamos da web que vén de habilitar a Xunta para consultar o expediente da citada candidatura. E UUAA reclama que a PAC non penalice aos gandeiros que non poden facer rotación de cultivos por inclemencias metereolóxicas. Unha situación que repasamos Miguel Tomé, responsable provincial do citado sindicato.