10/09/2025

Programa completo do 10/09/2025
Tempo repasar a actualidade máis próxima e para conversar con Tarsicio García que vén de abrir unha nova panadería en Monforte, con Jaime Vázquez, presidente do Club Fluvial que fai balance do verán, con Pablo Núñez da Asociación Quiroga en marcha que segue promovendo o pintado de novos murais que embelecen a capitalidade municipal, niste caso homenaxeando a unha veciña do lugar, e tamén conversamos con Beatriz Vila, que atende en cada saída de etapa de La Vuelta o stand da Asociación Provincial de Hostalería promocionado produtos desta provincia e outros puntos de Galicia. Hoxe despiden esta comunidade no Barco de Valdeorras e conectamos alí con ela.
