Uns 800 viticultores da D.O Ribeira Sacra recibirán axudas para o mantemento da paisaxe. Son 7.066 parcelas que suman 810 hectáreas en 16 concellos dos 20 que forman parte da D.O Ribeira Sacra. Sober, Quiroga e Pantón concentran a metade da superficie apoiada con 404 hectáreas e 3.537 parcelas. Repasamos datos no espazo que cada martes adicamos ao sector vitícola, e acompañados do técnico Alfonso Losada, falamos con Pablo Núñez e coa sumiller Mónica Rosón, das xornadas que sobre viño e territorio preparan en Montefurado e Quiroga para esta fin de semana. A responsable comarcal do BNG Rosana Prieto, forman parte da delegación que viaxa ao Parlamento Europeo para abordar a problemática da vivenda, non so nas cidades se non tamén nas zonas rurais. Con ela repasamos propostas que levan a Bruselas. E as obras que Adif ten previsto leva a cabo na Praza da Estación erguen malestar entre a veciñanza. Explica os motivos José María Donado, empresario e veciño da zona. Entre outros asuntos falamos tamén do Encontro Nacional de Emprendedores Creativos que se vai celebrar en Sober e Monforte do 26 o 29 de xuño. Repasamos actividade coa promotora e directora da iniciativa, Belén Elisa Díaz.