Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 10/05/2022

Programa completo do 10/05/2022

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.05.2022 14:30

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada falamos dunha xornada formativa que prepara para o día 20 o GDR Ribeira Sacra - Courel sobre a elaboración de viños brancos na D.O Ribeira Sacra. Amplíase o número de empresas afincadas no polígono industrial de Bóveda, co rexedor local José Manuel Arias, falamos da última que aposta por esta ubicación e da posta en valor do Muiño dos Fernández, obras que dan xa por rematadas. O Colexio dos Escolapios recupera o Título de Real, explícanos os motivos o PP Javier Agudo, xerente da Fundación da Nosa Señora da Antiga. Entre outros asuntos, que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén co alcalde de O Saviñao, confirma que está xa funcionando o albergue de Diomindi, e preparan recollida de plásticos agrícolas, na última campaña recolleron 108 toneladas.