Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 10/02/2023

Programa completo do 10/02/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 10.02.2023 14:53

Abrimos repasando a actualidade máis próxima e conversando con Fernando González, responsable da Adega Algueira que hoxe recibe en Lalín un dos premios Gastronomía de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez reúnese en Vilar con veciños do Courel, para anunciarlles o pago dun millón de euros en axudas para recuperar 19 vivendas que arderan no incendio do pasado verán. Falamos coa conselleira destas achegas e outras iniciativas que teñen en marcha para a recuperación da zona queimada. Entre outros asuntos, falamos tamén do entroido de Salcedo con Marisa Defente, da Asociación de Veciños que se encarga de mantar viva a tradición.