O concello de Monforte solicitará a reversión de nove parcelas do Polígono do Reboredo vendidas en 2007 pero que os compradores non utilizaron. Situación que explica o rexedor local que hoxe inaugura o Parque Infantil do Val de Lemos. Repasamos tamén a visita a Sober do delegado do Goberno, José Miñones que repasa investimentos realizados na zona. Co avogado Héctor Silva repasamos as demandas máis habituais relacionadas co ámbito financieiro e entre outros asuntos, falamos tamén de teatro, da obra "Libre como os paxaros", que Teatro do Atlántico trae hoxe a Monforte. Falamos dela coa actriz María Barcala que se mete unha vez máis na pel de Rosalía de Castro.