Poñer en valor o regadío do Val de Lemos é o obxetivo do plan de recuperación que a CHMS encargou á Universidade. Unha folla de ruta que repasamos co presidente da entidade José Antonio Quiroga. Conversamos tamén coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que presenta hoxe en Monforte axudas que teñen en marcha ou sairán próximamente en materia de vivenda. O colectivo Interior Galego Vivo decide constituirse como organización política para acudir ás eleccións locais de 2023. Así o acordaron nunha Asamblea celebrada o sábado e que repasamos con Paula Vázquez, de Agroma Sober. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, recollemos tamén do alcalde do Concello de A Pobra do Brollón, balance da Feira do Viño de Vilachá celebrada con grande éxito esta pasada fin de semana.