08/08/2025

Programa completo do 08-08-2025
Presentado o Plan de Ordenación da Navegación e o Atraque nos Encoros da Ribeira Sacra. Repasamos contido dese documento conversando con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica que impulsa o mesmo. Falamos de Festas como as de Quiroga, onde o domingo celebran unha nova edición da Mostra do Mel, da que nos da conta o alcalde José Luis Rivera, e da Romería de San Lourenzo, que preparan para o domingo en Cereixa dentro do proxecto de dinamización cultural que promove o propio campo de traballo que intervén no castro. Unha iniciativa que repasamos con Xurxo Ayán. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, falamos tamén de actividades da Asociación Cultural As Cavarcas coa secretaria da mesma, Carmen Aira.
