Programa especial adicado a Pantón e a XXX Mostra dos Viños que se vai celebrar esta fin de semana. Falamos con representantes do concello, o alcalde José Luis Álvarez e a concelleira Cristina Domínguez. Con algún dos adegueiros participantes, Roberto Flamini de Alma das Donas, Igor Balboa da adega Corzoás e con Juan Moreiras, de Casa Moreiras. O turismo tamén é importante para este concello e delo falamos con Rosana Prieto, guía turística ademáis de voceira do BNG no citado concello e unha empesaria do sector, Pilar Díaz promotora de Casa dos Muros que cumpre xa 25 anos aberta e con salas de escape coas que foron pioneiros en Galicia. Repasamos outros recursos turísticos do concello de Pantón co técnico Javier González e tamén conversamos con Milagros Pardo, dos 96 anos que ten pasou 44 encargada da biblioteca municipal que vai levar o seu nome a partir do día 24.