Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Luis Buitrón que será reelexido esta fin de semana presidente da Federación Española de Enólogos. Celebran Asamblea en Sober no marco da Feira do Viño de Amandi. Como anticipo á mesma hoxe celébrase o concurso de cata por parellas con 40 participantes, falamos delo con David Cidre da Escola de Hostalería Belarmino Fernández, organizadora do evento. Co técnico de deportes do concello de Monforte, Óscar Rodríguez, repasamos categorias para os premios do deporte local e prazos para presentar candidaturas, da carreira popular que se vai celebrar o domingo día 27 e da aplicación posta en marcha para facilitar entrada e aluguer das pistas de tenis e outras instalacións deportivas. Entre outros asuntos, conversamos tamén con Esther González, directora dos Paradores de Monforte e Santo Estevo, que se preparan tamén para a Semana Santa.