Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 08/04/2024

Programa completo do 08/04/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 08.04.2024 14:17

Novo tremor con epicentro en Pantón, réstanlle importancia na Rede Sísmica Nacional. Falamos coa voceira de garda, Resurrección Antón e coa concelleira pantonesa Cristina Domínguez. Aprobada a candidatura da Ribeira Sacra para ser presentada a Patrimonio Mundial, aínda queda moito traballo por facer para chegar á meta. Traballo que hoxe mesmo explica o Conselleiro de Cultura en funcións Román Rodríguez, en Os Peares, aos alcaldes e outros representantes deste territorio. Conversamos con él recen rematada a xuntanza. Marcar "outros fins" na declaración da renda, axuda a financiar actividades a Asociacións como Albores. Repasámolas conversando coa directora deste Centro de Atención á Saúde Mental, Elisa Sapia. E tempo tamén para repasar resultados dos partidos disputados por equipos da zona esta fin de semana, resultados do Club Quixós e do Neka, do que recibiu José María Vega en La Nuncía, o trofeo de mellor adestrador de España en Técnica.