Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 08/02/2024

Programa completo do 08/02/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 08.02.2024 14:19

Xoves de comadres pasado por auga que non impide que ata nunha vintena de lugares se sumen á tradición. Albores unha vez máis representa na Praza de España as mulleres da corporación municipal, falamos con Elisa Sapia directora deste centro, e moi previsores no barrio de Cobas onde ante o anuncio de chuvia, colocaron as comadres a resguardo, como nos conta Marina López, en representación da Asociación de Veciños. Comadres hai tamén noutros puntos da comarca de Lemos, como en Sober, desde onde nos fala delas o alcalde Luis Ferández Guitián co que repasamos tamén os presupostos que vén de aprobar a corporación soberina. Repasamos a axenda política do día que congrega en Escairón a candidatos de todos os partidos políticos aproveitando que é xornada de feira, é outras novas que forman parte da actualidade máis próxima. No gabinete xurídico de AV10, con Anabel González, repasamos unha sentenza que impide un despido nun caso de incapacidade permanente.