Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 07/06/2022

Programa completo do 07/06/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 07.06.2022 14:00 (Publicado 06.06.2022 14:28)

Completo o cartel do Festival Trece Roeis que se vai celebrar en Pantón o día 19 e 20 de agosto, danos conta das últimas actuacións contratadas Miguel García membro da comisión organizadora. A Asociación Nacional Contra el Cáncer, trae a Lugo ao doutor López Otín dentro dunha campaña que teñen en marcha por todo o país. Con él falamos desta doenza á que pretenden darlle máis visibilidade. O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia admite a trámite o recurso presentado por CCOO respecto aos pregos cos que o concello de Monforte sacou a contratación o servizo de axuda no fogar. Falamos delo con Mario Docasar, secretario de acción sindical do citado sindicato para esta zona. E Chantada foi o lugar elixido para entregar os diplomas aos viños de Galicia premiados en Vinespaña, cata da que falamos con Luis Buitrón presidente da Federación Nacional da Asociación de Enólogos que promove o evento. Entre outros asuntos, escoitamos tamén á Conselleira de Ingraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, que asinou esta maña convenio co alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, para dotar de abastecemento de auga a varias parroquias do citado concello.