Medallas do COE para as piragüistas monfortinas Noa Díaz e Ximena Prats en recoñecemento aos seus méritos deportivos. Falamos con elas e con Santi Díaz, director técnico do Club Quixós co que compiten. A fotógrafa Tamara Lebón inaugura unha exposición este sábado en Pantón coa que pretende concienciar sobre os animais que se abandonan e o papel das protectoras e os refuxios. Conversamos con ela para que nos conte algo máis desta historia. Falamos de libros con Jacobo Rodríguez e repasamos outras novas que forman parte da actualidade máis próxima.