Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co director de AGACAL, Martín Alemparte, sobre o "Proxecto Rosca", que vén de presentar en Sober. Un 8% creceu a matriculación de F.P nesta zona sur de Lugo segundo deu a coñecer o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na visita que fixo o sábado ao IES A Pinguela e o Daviña Rey. Visitas que repasamos cos directores, Enrique Sampil e Raquel Aira. Repasamos tamén resultados deportivos, de fútbol, de golf e de taekwondo.