Todo preparado para as Festas Patronais de Monforte das que falamos no programa de hoxe co alcalde José Tomé Roca. Tamén conversamos co párroco Rafael Mella Vázquez do acto xubilar que prepararán na Igrexa de San Vicente para este domingo. E sete profesionais de enfermería chegados de Córdoba cubren vacantes no Hospital Comarcal de Monforte onde chegaron a ter 11 da mesma procedencia, falamos delo con Inmaculada Ramos, directora deste centro sanitario. Recollemos valoracións sobre Artelemos dalgúns dos artesáns participantes neste evento que remata hoxe, xornada na que cun partido amistoso ten previsto estrearse o Lemos ante o Chantada, do que falamos co presidente do Club Antonio López.