Desconvocada a folga do servizo de recollida do lixo iniciada onte en Monforte. Repasamos acordo acadado con Mario Docasar, delegado de acción sindical de CCOO, único sindicato con representación en FCC en Monforte. Prepara o CCU Feira de Oportunidades para esta fin de semana na Praza de Abastos e outras actividades para a segunda quincena de agosto que repasamos co xerente Ángel Folgueira. 7/7 é unha nova proposta enoturística para disfrutar do viño da D.O Ribeira Sacra, en Vilachá de Salvadur. Será este xoves e a organizadora, Puri Díaz, repasa que vamos atopar no lugar. Presentada a 8ª edicón do Festival Carude Rock que se vai celebrar en Monforte os días 8 e 9. Falamos del con José Luis Vázquez, membro da comisión organizadora. Entre outros atendemos tamén á tradicional carreira de burros e outras actividades que hoxe pechan as festas de Escairón.