Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 05/04/2024

Programa completo do 05/04/20024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 05.04.2024 14:12

O Consello do Patrimonio Histórico Español aproba por unanimidade a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Será a proposta de España para 2026. No medio do programa chega a confirmación e recollemos a primeira valoración que fai o Conselleiro de Cultura en funcións Román Rodríguez. Moita espectación sobre o que puidera acontecer nesta xuntanza da que falamos tamén con Luis Fernández Guitián, presidente do Consorcio que agrupa a todo este territorio. Conversamos tamén con Maite Isla, presidenta da Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que ten organzado acto este venres en Monforte á procura de familias que este verán queiran participar do programa "Vacacións en paz". Entre outros asuntos, hoxe toca escoitar recomendacións literarias que para este mes de abril nos deixa dende a Libraría Agrasar, Jacobo Rodríguez.