Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 05/03/2024

Programa completo do 05/03/2024

Manola Porto

Monforte de Lemos | 05.03.2024 14:22

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e falamos de "Vacamulo" o tinto galego máis puntuado para a Guía de Viños Destilados e Adegas de Galicia. Falamos del coas dúas xeracións que están afronte da adega elaboradora, Don Bernardino, con Emilio e Diego Rodríguez. Ana de la Fuente é a directora do CEIP Rosalía de Castro no concello de Bóveda, é tamén a directora máis xove de Galicia, fálanos da súa vocación e do Colexio que dirixe e que prepara xornada de portas abertas para este xoves, á procura de máis alumnado. Implicar á veciñanza no relanzamento da Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial é obxectivo dunha xornada que se prepara para o sábado día 9 de marzo e da que nos da máis datos Xosé Gago, coordinador desta actividade. Estudan en Proendos unha inscripción do século IV. Cóntanolo o arqueólogo Fran Alonso que repasa tamén resultados das prospección feitas co xeoradar no entorno do horreo romano alí atopado. E do ámbito deportivo, medalla de prata para o taewkondo de Monforte no Open de Bulgaria a só unha décima do ouro. Repasamos resultados con José María Vega, adestrador do Neka.