Primeira xornada de folga na recollida do lixo en Monforte. Preguntamos pola mesma ao alcalde, José Tomé Roca e da última hora sobre como van as negociacións falamos con Mario Docasar. O mes de agosto trae de volta a casa a moita da veciñanza que temos residindo fora, é o caso do cociñeiro Quique Rodríguez co que conversamos hoxe. Entre outros asuntos tamén convidamos ao programa a Daniel Costa, integrante do Grupo Os Parentes que veñen de preparar unha nova canción que agardan lles facilite poder actuar no Festival da Luz. Repasamos tamén os datos do paro na zona que se veñen de dar a coñecer hoxe.